Paradores presenta os seus novos espazos gastronómicos
fai 11 anos
Paradores renova a súa oferta gastronómica apostando, como é habitual, polos produtos de calidade e as especialidades galegas. Co novo "Pasaporte Enxebre" os clientes poderán "peregrinar" polos sete Paradores que contan con este novo espazo.
Pasaporte Enxebre
Ángeles Alarcó, presidenta de Paradores, xunto con Isabel Borrego, secretaria de Estado de Turismo e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, presentaron os novos espazos gastronómicos, Enxebres, no Parador Hostal Dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.
Os Enxebres ofrecen tapas e racións como unha alternativa ao comedor tradicional, adecuándose así ás actuais demandas dos clientes pero sen esquecer a aposta pola calidade e pola tradición gastronómica galega. Nos novos espazos ofrécese unha cociña posta ao día polos mellores restauradores, que actualizaron as elaboracións e presentacións. Todo iso con produtos da terra que van acompañados dunha excelente bodega con todas as Denominaciones de Orixe de Galicia.
O Hostal dos Reis Católicos conta desde o ano 1996 co primeiro restaurante desta categoría, "Enxebre: do Hostal", un espazo gastronómico con identidade propia. E agora haberá outros cinco máis, repartidos entre os once paradores que Galicia ten na súa xeografía. En Pontevedra "Enxebre: Casa do Barón; en Verín "Monterrei"; en Vilalba "Castelo dos Andrade"; en Monforte "De Lemos"; en Tui "San Telmo" e en Baiona "A Pinta", que abrirá no verán.
Pasaporte e carta "Enxebre"
Para promocionar estes espazos entre os clientes, Paradores creou o denominado "Pasaporte Enxebre" que se poderá conseguir nos Paradores galegos, ou descargalo en www.parador.es. Nel poderanse ir selando as visitas a todos e cada un dos espazos, unha especie de "Camiño de Enxebres". E como todo camiño ten a súa recompensa, o cliente que consiga acumular os sete selos, un por Enxebre, poderá gozar dun menú gratuito en calquera dos espazos.
A carta está distribuída en cinco grupos e as sobremesas, con denominación propia, e cun total de vinte pratos. No grupo "Na Lousa" inclúense desde lascas de lacón ata empanada, queixos galegos premiados, croquetas ou tostas. en "Da Horta" hai ensalada, caldo galego, arroz caldoso e prato opcional de verduras en cada Parador.
O grupo "Das nosas rías" inclúe moluscos de concha (zamburiñas, vieira, berberecho e mexillón), pulpo e chipiróns, con diversas elaboracións. En "Da matanza" ofrécense dúas tixolas, unha de ovos fritos con zorza e patacas, e outra de raxo en adubo con patacas. "De tempada" presenta tres pratos: peixe ou guiso (caldeirada), lombo de tenreira e prato de tempada. E finalmente "As larpeiradas" ofrece catro sobremesas, tres deles comúns a todos os Enxebres e un cuarto típico de cada zona.
A adega
Galicia é tamén terra de viños, e os espazos Enxebres ofrecen as cinco denominacións de orixe galegas: D.O. Rías Baixas, D.O. Ribeiro; D.O. Valdeorras, D.O. Ribeira Sacra e D.O. Monterrei, ademais doutras denominacións, como Rioja, Ribera del Duero, etc.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)