PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Preséntase unha cartilla náutica da Traslatio Xacobea polo mar de Arousa e o río Ulla

fai 11 anos

O Grove acolleu a presentación oficial da cartilla náutica da Traslatio Xacobea que expedirá o Club Náutico San Vicente do Grove a quen cumpra os requisitos esixidos.

Imaxe da Ría de Arousa

O recoñecemento de realización do Camiño Xacobeo marítimo-fluvial farase mediante a entrega da Traslatio Xacobea por parte da Fundación Xacobea e do Concello de Padrón aos tripulantes e á embarcación que cumpra cos requisitos de selado da cartilla náutica expedida polo Club Náutico San Vicente do Grove.

O punto de partida situarase nos portos de Pedras Negras (O Grove) e no de Ribeira, por ser os de entrada á bocana da Ría de Arousa. O navegante deberá obter cando menos dous selos máis en dous portos dos concellos situados nas marxes do percorrido. Ademais, aqueles peregrinos que o desexen poderán culminar a ruta ata Compostela onde poden obter un novo selo.

Na presentación estiveron os presidentes do Club Náutico de San Vicente do Mar, de Portos de Galicia e da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, ademais dos alcaldes dos concellos da Ruta e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou a singularidade deste percorrido, por ser o único vía-crucis marítimo-fluvial que existe. Tamén resaltou a importancia de apoiar iniciativas que preserven o patrimonio material e inmaterial dos Camiños de Santiago e manteñan viva "a esencia do espírito Xacobeo".

Efecto dinamizador

Nava Castro indicou que a través deste percorrido, o turista, peregrino ou navegante pode descubrir algúns dos tesouros que compoñen os recursos máis importantes de Galicia: "as illas, as impresionantes praias e calas, e peculiares mostras de arquitectura relixiosa" que constitúen "a auténtica esencia de Galicia". A vida mariñeira das vilas, así como os restos megalíticos, as igrexas e pazos ou a oferta termal son outros dos recursos da zona, sen esquecer a gastronomía mariñeira e a riqueza enolóxica.

A posta en valor destes recursos e a súa promoción contribuirían "non só a preservar unha ruta tan singular e única, senón tamén a manter unha cultura que nos identifica e a dinamizar a economía da zona", asegurou.

A Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago o Maior, logo do seu martirio en Xerusalén no ano 44. A conmemoración anual da Translatio a través da Ría de Arousa, promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa, celébrase entre finais de xullo e principios de agosto.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeCamping As Cancelas