PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Galicia conmemora o VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís

fai 11 anos

O goberno galego cre que a visita do papa Francisco sería a “guinda” a este calendario de eventos, e anque “é unha aspiración ambiciosa e moi difícil" asegura que non é imposible.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro general da Orde Franciscana, o padre Carballo, asinaron un protocolo de colaboración para renovar a tradición peregrina de Galicia cunha ambiciosa programación que conmemore a peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

O presidente autonómico destacou que se trata dunha programación ambiciosa que inclúe actividades culturais, sociais, artísticas, musicais, proxectos didácticos e de investigación, unha folla de ruta completa con tres obxectivos: converter o oitavo centenario de San Francisco de Asís nun elemento de dinamización turística, reforzar as relacións entre Asís e Compostela e atopar no exemplo de San Francisco de Asís unha referencia de futuro.

Feijóo destacou o incremento de visitantes a Compostela nos primeiros meses do ano, con 30.000 peregrinos que selaron a súa Compostela, un 8 % máis que en 2012, e lembrou que tanto Asís como Santiago son dúas cidades santuario de peregrinación que forman parte do Patrimonio Mundial. Recoñeceu que a visita do papa Francisco sería a "guinda", "unha aspiración ambiciosa e moi difícil, pero non imposible", tendo en conta que o padre Carballo é xa un dos máis estreitos colaboradores do Sumo Pontífice.

Actividades

Entre os actos programados destacan as exposicións itinerantes sobre a figura de San Francisco que irán percorrendo o camiño entre Asís e Santiago, así como tres encontros internacionais de gran relevancia para consolidar a posición de Compostela como centro de peregrinacións: o Congreso de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que reunirá por primeira vez ás asociacións xacobeas de todo o mundo; o Congreso internacional do Franciscanismo e o Congreso internacional de Peregrinacións e Turismo. A estes eventos sumaranse outros que se levarán á Comisión de Seguimento creada xunto co Ministerio de Facenda e o Consorcio de Santiago, para que, de cara ao mes de agosto –cando comeza oficialmente a celebración­– estea todo listo.

En 2014, ano central da celebración do VIII Centenario de San Francisco no Camiño de Santiago, organizaransen entre outros actos, a exposición Peregrino e novo Apóstolo, concertos de música sacra nos conventos franciscanos galegos, un festival de corais, creacións artísticas e literarias, un ciclo de cine franciscano, unha xira de Nova Danza Galega, etc.

Beneficios fiscais para as empresas patrocinadoras

A Xunta xa iniciou conversas a efectos de patrocinio con distintas empresas e sinala que as interesadas en apoiar esta celebración contarán con beneficios fiscais, como unha dedución na cota íntegra do Imposto de Sociedades do 15 % dos gastos de publicidade e propaganda ata un límite do 90 % da doazón efectuada. A duración do programa de deducións irá do 1 de xullo de 2013 ao 30 de xuño de 2015.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels