PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Lavacolla contará este verán con doce conexións internacionais

fai 10 anos

Santiago terá conexións directas con Estambul, Londres (Stansted e Gatwick), Franckfurt, Milán, París, Zurich, Xenebra, Basel, Dublín, Caracas e Madeira.



Lavacolla, o aeroporto central de Galicia, contará este verán con doce conexións internacionais, incluíndo tres novas conexións con respecto ao pasado verán: Estambul con Turkish Airlines, e Londres (Gatwick) e Basel con Easyjet.

As restantes conexións directas serán: Londres (Stansted), Frankfurt e Milán con Ryanair; París e Zurich con Vueling; Xenebra con Easyjet; Dublín con Aer Lingus; Caracas con Air Europa; e Madeira con Sata. Estímase que entre estas conexións se superen os 300.000 pasaxeiros internacionais en Lavacolla.

Deste xeito Santiago e Galicia estarán conectadas cos seus principais mercados internacionais emisores de turistas: Alemaña, Reino Unido, Italia e Francia. Portugal, outro dos nosos pricipais mercados emisores, terá unha conexión coa illa de Madeira que se sumará á posta en marcha a pasada semana con Estambul a través de Turkish Airlines e que permitirá mellorar dun xeito sustancial a comunicación con Asia, ao abrir novas oportunidades en dous mercados clave para a cidade: Corea do Sur e Xapón, especialmente polo atractivo crecente que ten o Camiño de Santiago para estes países.

Neste 2013 estímase que as conexións internacionais podan superar en Lavacolla os 300.000 pasaxeiros, o que continuaría co crecemento iniciado en 2012 no tráfico internacional. O ano pasado houbo 277.219 pasaxeiros en conexión internacionais con máis de 5.000 pasaxeiros.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar