PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turkish Airlines conecta Estambul e Santiago

fai 10 anos

Lavacolla recibiu xa o primeiro voo da nova conexión entre Santiago e Estambul, que a compañía Turkish Airlines operará con tres frencuencias semanais, martes, venres e domingo.

Este primeiro voo foi recibido na pista do aeroporto polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Ángel Currás agradeceu o compromiso de Turkish Airlines con Lavacolla e lembrou que os contactos entre o Concello de Santiago e a compañía turca comenzaron hai xa máis dun ano e que nas primeiras reunións, dende Turismo de Santiago transmitíuselle aos directivos da compañía que Lavacolla é o aeroporto de referencia de Galicia por dous motivos: a súa ubicación central ­–é o principal aeroporto de saída de Galicia–, e polo atractivo turístico de Santiago, imaxe máis recoñecida de Galicia no mundo e principal porta de entrada na comunidade.

Ángel Curras fixo referencia ao convenio que asinaron Turismo de Santiago e Turkish Airlines a comezos de ano en Fitur para a promoción conxunta da conexión. Reafirmou que o convenio non conta con ninguna aportación económica por ningunha das dúas partes, pero si inclúe accións conxuntas de promoción, como a presenza de Turismo de Santiago por primeira vez na Emitt, a principal feira turística de Turquía

Pola súa banda, o director xeral en funcións de Turkish Airlines en Santiago, Halid Koca, asegurou que a nova conexión vai a incrementar o número de visitantes a Galicia dende todo o mundo e destacou o especial interese que a nova ruta está tendo en países como Xapón. Koca tamén dixo que "Turkish Airlines está moi orgullosa de estrear o voo entre Santiago e Estambul, posto que facilitará aos cidadáns de toda Galicia e o norte de Portugal acceso á ampla rede de destinos onde voamos".

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis