PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O turismo fluvial fonte de riqueza para a área de Compostela

fai 9 anos

Os concellos da Área Santiago reuníronse co Director Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Ricardo García Borregón, para analizar vías de colaboración conxunta para potenciar a pesca e o turismo fluvial.

Representantes dos Concellos de Santiago, Teo e A Estrada, manterán novas reunións técnicas nas vindeiras semanas coa Dirección Xeral para estudar as vías posibles para poñer en valor turístico os importantes recursos fluviais cos que se conta.

O Grupo Área Santiago estableceu, a proposta do Concello de Teo, que un dos primeiros proxectos que desenvolverá será: “A pesca como recurso turístico”. Pártese de dous feitos: por unha banda o territorio do grupo está fondamente marcado por dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus afluentes; por outra banda, a pesca ten demostrado noutros territorios, como Canadá, Irlanda, ou países do leste de Europa, que pode ser un recurso turístico con gran atractivo.

O río Ulla é, por lonxitude e caudal, o terceiro río en importancia de Galicia. Ten una lonxitude total de 132 kms. A segunda conca fluvial en importancia da Área Santiago é a do río Tambre con unha lonxitude total de 134 km e con dous afluentes salientables como son o Dubra (15 kms.) e, sobre todo, o río Lengüelle (27 kms.). Tamén o río Umia pasa polo Concello de A Estrada.

A reunión co Director Xeral enmárcase no obxectivo definido dentro do Grupo Área Santiago para poñer en funcionamento un proxecto conxunto de cara a temporada de pesca do 2014, promovendo prioritariamente a pesca sen morte co fin de garantir a necesaria sostibilidade dos ríos.

O grupo Área Santiago constituirase formalmente o vindeiro 27 de maio coa sinatura dun protocolo de colaboración por parte dos alcaldes dos 19 concellos constituintes, que suman unha poboación de 270.000 persoas e unha extensión de preto de 2.500 kms², aproximadamente un 10% da extensión de Galicia. Os concellos que forman parte de Área Santiago son: A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 8 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 8 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeOral Group