PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago ábrese ao turismo ruso

fai 11 anos

Turismo de Santiago colabora con axencias de viaxes de receptivo co obxectivo de que Santiago entre nas rutas dos turistas rusos por España.

Turismo de Santiago colabora coa axencia de viaxes catalana Novovira na organización dunha viaxe de profesionais do sector turístico ruso para que podan coñecer a cidade de primeira man. A axencia Novovira é unha das máis importantes de España neste tipo de turismo e actualmente está abrindo o seu abano de produtos para este mercado crecente dado o seu interese en novas ofertas máis aló do turismo de “sol e praia”.

Esta é a segunda colaboración de Turismo de Santiago neste mes cun grupo de profesionais do mercado ruso. En días pasados tamén se amosou a cidade a un grupo de touroperadores e axentes de viaxes rusos. Nesta ocasión a colaboración foi coa axencia Marfil Travel, outra axencia catalana especializada no recepctio de turismo ruso.

Dende Turismo de Santiago considérase que o turismo ruso é unha oportunidade para a cidade. Trátase dun mercado en continuo crecemento en España, que máis alá do tópico, non só busca sol e praia, senón tamén cultura, patrimonio ou gastronomía, como indica o feito de que axencias de receptivo catalanas, un dos principais destinos do novo turismo ruso, queran ampliar o seu abano de ofertas amosándolles cidades como Santiago e o atractivo do Camiño de Santiago.

Turismo de Santiago participou xa en setembro do 2012 nunhas xornadas organizadas por Turespaña que se celebraron nas dúas principais cidades do mercado ruso, Moscova e San Petesburgo. Nestas xornadas houbo presentacións de diferentes cidades españolas, entre elas Santiago, e reunións con touroperadores e axencias de viaxes.

O obxectivo que se fixou dende Turismo de Santiago era conseguir que a cidade entre nos circuitos dos turistas rusos que visitan España. As colaboracións con axencias de viaxes con gran peso no receptivo do mercado ruso é unha parte da estratexia para conseguir este obxectivo.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante O Dezaseis