PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Iniciativa galega en Fitur

fai 11 anos

A presenza de Galicia no certame turístico máis importante do Estado contará con importantes novidades, segundo explicou a secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro. Ademais Hostelería Compostela promocionará Santiago a través da súa revista.

Presentación do stand de Galicia en Madrid

A secretaria xeral para o Turismo, acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega e da xerente de Turgalicia, Carmen Pita, explicou en que consistirá a presenza de Galicia en Fitur “un dos certames turísticos de maior repercusión mundial” que dará comezo mañá, 30 de xaneiro.

O stand de Galicia en Fitur ocupará unha superficie de 967 metros cadrados e continuará sendo o escaparate para a difusión da marca turística “Galicia, gárdasme o segredo?” na fase de promoción dos Produtos Cabeceira da Marca Galicia e das experiencias turísticas que deles se derivan.

O stand será o do ano pasado con algunhas modificacións e novidades visuais e incluirá os módulos Xeodestinos, Experiencias, Turismo de Cidade e Camiño de Santiago. Ademais, na sala de actos celebraranse preto de vinte presentación de produtos, recursos e destinos e os visitantes poderán participar nun xogo de habilidade e memoria visual, que consiste nun concurso para gañar unha experiencia en Galicia.

Comphostelería

A revista de Hostelería Compostela, presentou o seu número 159, que difundirá na feira Fitur para promocionar Compostela. O acto foi na Cava de St. James, local que rexenta Juan García, directivo da entidade, pois este volume fai referencia á súa importancia na movida da cidade nos anos 80 e 90.

Nas súas páxinas Luis Pasín fala da política local; Valentín García, de Política Lingüística; e o director xeral de Turespaña, Manuel Butler, resalta como a marca España necesita do Camiño de Santiago para promocionar cultura, patrimonio e gastronomía, e ofrecer unha imaxe diferente ao turismo de sol e praia. Noutra reportaxe destacan as posibilidades e avances da hostelería da cidade, pero tamén dos hospitais, gastronomía ou arquitectura.

Mañá, mércores, presentarán na Casa de Galicia madrileña unha guía de peregrinación do Camiño Inglés a Compostela. José M. Otero, Carlos Tardáguila e Aser Álvarez forman a expedición, que intentará vender con forza en Madrid os atractivos da cidade. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCamping As Cancelas