PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Xunta de Galicia incoa a delimitación de varios Camiños de Santiago ao seu paso por Compostela

fai 11 anos

A Consellería de Cultura decidiu incoar nun procedemento de delimitación conxunto todos os tramos que discorren por Compostela pola significación territorial, urbana, cultural e institucional deste concello, onde conflúen 5 rutas do Camiño de Santiago. 

Tramo do Camiño Francés ao seu paso por Santiago

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 11 de xaneiro de 2013 da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento de delimitación dos tramos do Camiño de Santiago do Norte, Camiño Portugués, Ruta da Prata e Camiño de Fisterra ao seu paso polo termo municipal de Santiago.

O obxectivo desta medida é aportar seguridade xurídica a todos os que operan sobre o territorio, que deste xeito coñecerán con exactitude os ámbitos de afección dos Camiños de Santiago, e, a súa vez, garántese a mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorren estas rutas.

En novembro de 2011 o director xeral de Patrimonio Cultural acordara analizar dende un punto de vista integral a incidencia das Rutas Xacobeas sobre o territorio deste concello e o seu planeamento urbanístico. Contrastáronse os estudos históricos e a información cartográfica e fixéronse prospeccións sobre o terreo e recollida de información entre os veciños para elaborar o trazado, que foi exposto e contrastado co propio Concello de Santiago, e sometido á consideración do Comité Asesor do Camiño de Santiago, que informou favorablemente.

Mañá ábrese un trámite de información pública de dous meses, nos que os interesados poderán consultar o expediente na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (San Caetano), e nas oficinas municipais.

Delimitación das rutas xacobeas

Con este traballo, a Consellería de Cultura e Educación avanza na delimitación do trazado dos Camiños de Santiago, despois de que se aprobara a delimitación da trazado definitivo do Camiño Francés e o Camiño Primitivo ou de Ovedo. Nestes momentos, co Camiño Inglés xa incoado, Patrimonio Cultural traballa na delimitación dos trazados da ruta portuguesa e do Norte, que poderían estar listas a mediados de ano.

A delimitación oficial destas rutas supón unha aposta pola protección do patrimonio galego máis senlleiro, tanto desde o punto de vista da integración das infraestruturas incluídas no ámbito de protección dos trazados, como no que atinxe aos valores culturais e medioambientais asociados a estas vías de peregrinación.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels