PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Trivago premia a Santiago como a cidade con mellor reputación online de España

fai 11 anos

O comparador de prezos de hoteis www.trivago.es realizou un estudo de reputación online analizando as valoracións dos usuarios de internet nos destinos españois con maior número de hoteis. 

Santiago obtivo unha valoración media de 82,05 puntos sobre 100.

A análise realizouse nas 40 cidades españolas con maior número de hoteis e tivéronse en conta 1,7 millóns de opinións de usuarios. O resultado situou a Santiago de Compostela como a cidade española con mellor reputación online, cunha valoración media de 82,05 puntos sobre 100. Xunto a Oviedo, con 80,19, son os únicos destinos analizados que superan os 80 puntos. Valencia, con 79,82, é a terceira do ranking, Burgos a cuarta con 79,74 e Córdoba a quinta con 79,71.

As cinco recibirán o galardón dos Trivago Online Reputation Awards 2013 durante a feira de turismo Fitur, que terá lugar en Madrid entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro. Concretamente Santiago recibirá o seu premio o día 30 de xaneiro ás 14.00 h no stand de Turgalicia.

Os premios Trivago Online Reputation Awards recoñecen o bo traballo dos aloxamentos das cidades españolas, xa que a reputación online é un dos factores que máis inflúen tanto na decisión de compra dos viaxeiros como na creación dunha imaxe de marca sólida por parte dos hoteleiros. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeCamping As Cancelas