PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Foro Cívico Empresarial aposta por Lavacolla como o gran aeroporto galego

fai 11 anos

A Fundación Catedral de Santiago e representantes de empresarios, colexios profesionais e institucións locais participaron na reunión do Foro sobre Lavacolla organizada pola Cámara de Comercio.

Os membros do Foro Cívico Empresarial propuxeron promover unha cooperación entre as tres terminais galegas, pero “posibilitando unha política de xestión e promoción individualizadas de Lavacolla”, o que permitiría “desenvolver o seu potencial e servir de forma óptima ás empresas e habitantes da súa área de influencia”.

No comunicado final proponse a creación dun Grupo Técnico de Promoción do Aeroporto de Lavacolla, no que estarían Concello, Cámara, asociacións empresariais, Xunta de Galicia e Aena. Reclámase a mellora dos accesos terrestres con Lavacolla para consolidar “a súa área de influencia, entendida esta como Galicia, norte de Portugal e as veciñas provincias españolas”. Os participantes suxiren que o aeroporto compostelano debería comunicar coas principais cidades do noroeste peninsular mediante unha “rede de transporte áxil e frecuente”.

Unha das reclamaciones fundamentais é a consolidación de rutas intercontinentales, como Caracas e Nova York, e o incremento dos destinos europeos e de voos e frecuencias coas illas Canarias e Baleares. 

Ao longo do prolongado debate, insistiuse en “fomentar activamente o mellor desenvolvemento posible de Lavacolla” porque ten a “mellor infraestrutura do cuadrante peninsular por dotación, equipamiento e situación xeográfica; concentra máis da metade do tráfico de pasaxeiros e un terzo do movemento de mercancías de Galicia”. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeRestaurante O Dezaseis