PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago participa este mes nas feiras turísticas de Dublín, Estambul e Madrid

fai 11 anos

Turismo de Santiago ten por obxectivo para este 2013 seguir aumentando a presenza do turismo internacional na cidade, seguindo a liña marcada en 2012 cando, segundo o INE ¬–e a falta dos datos de decembro–, se conseguiron os mellores datos de turismo internacional.

En 2012 a cidade de Santiago logrou un  crecemento acumulado do 12,6 % respecto ao ano anterior, e superou incluso os datos de turismo internacional do Ano Santo 2010. Turismo de Santiago quere continuar nesta liña e para iso estará presente por primeira vez nas feiras turísticas de Irlanda e Turquía, co obxectivo de potenciar dúas das conexións internacionais de Lavacolla: Dublín e Estambul. Ademais, participará en Fitur, a feira turística máis importante para o mercado español.

Dublín

A Holiday World Show celebrarase do 25 ao 27 de xaneiro na capital de Irlanda, un dos mercados con maior crecemento na cidade, como amosan dous feitos; o importante crecemento de peregrinos irlandeses –en 2012 foi o sexto país con 3.844 peregrinos e un crecemento do 43 % respecto a 2011– e, por outra, os bos datos da conexión de Aer Lingus entre Dublín e Santiago, que fixeron que a compañía ampliase prazas e frecuencias en certos meses.

Turismo de Santiago xa fixo unha campaña de promoción específíca para o mercado irlandés no 2012 cando, en colaboración con Aer Lingus, a OET de Dublín e Paradores sorteou unha viaxe para dúas persoas á cidade con hospedaxe no Hostal dos Reis Católicos nun dos programas de maior audiencia da televisión irlandesa. Tamén organizou unha visita de xornalistas en colaboración da Asociación Hostelería Compostela.

Estambul

Esta cidade acollerá a EMITT dp 24 ao 27 de xaneiro. Trátase da principal feira turística do mercado turco, cunhas cifras moi altas de participación: en 2012 pasaron máis de 57.000 profesionais e 71.000 persoas.

A importancia actual do mercado turco para Santiago é prácticamente nula. Non obstante, a cidade ten unha oportunidade grazas á nova conexión aérea entre Santiago e Estambul que Turkish Airlines inaugurará en maio con tres fecuencias semanais, martes, venres e domingo. Turismo de Santiago intentará aproveitar esta oportunidade amosando tanto o atractivo turístico da cidade como a capacidade de Lavacolla de ser rendible para novas aeroliñas. 

Fiitur

Finalmente, como cada ano, Turismo de Santiago participará entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro en Fitur, a principal feira turística do mercado español, onde presentará a oferta da cidade aos profesionais do sector, coa mensaxe de que nestes momentos de crise económica Santiago ten unha gran oferta turística de calidade, apta para múltiples segmentos e asequible para o turista doméstico.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeCasa Pepe