PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Museo das Peregrinacións e de Santiago participa nun proxecto que afonda na iconografía xacobea

fai 11 anos

O museo participa como ente promotor observador no proxecto de investigación Artistas, patróns e público. Cataluña e o Mediterráneo (ss. XI-XV). Magistri Cataloniae, que busca crear un índice sistemático de artistas medievais cataláns e os seus obradoiros, e que ten na arte xacobea un das súas liñas de investigación.

Esta liña, promovida polo propio Museo das Peregrinacións e polo director do proxecto, o galego Manuel Castiñeiras (Universitat Autónoma de Barcelona) permitirá o estudo de parte dos fondos do museo compostelán, así como das obras de temática xacobea conservadas nos museos cataláns colaboradores.

No proxecto, ademais do centro santiagués, colaboran como EPO (ente promotor observador) outros tres importantes centros: o Museo Nacional d´Art de Catalunya, o Museu Episcopal de Vic, e o Museu d´Història de Catalunya. O equipo de investigación está integrado por expertos procedentes de diversas universidades e centros de investigación como a Universitat Autónoma de Barcelona, Université de Fribourg, Universitat de Girona, Universitat Politècnica de Catalunya, Università Cattolica di Milano ou a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

A partir deste proxecto ábrense importante vías de comunicación e colaboración entre as entidades implicadas, o que podería favorecer a proxección e a organización conxunta de proxectos museísticos e expositivos. Neste sentido existen xa ideas e proxectos que poderían levar a unha colaboración entre o Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Museu Nacional d´Art de Catalunya.

Cataluña mediterránea

Magistri Cataloniae reconstrúe a rede de procesos artísticos a través dos seus axentes principais (artistas, comitentes, público) na Cataluña medieval, tendo en conta a influencia mediterránea. Neste sentido, o proxecto de investigación presta atención, ademais de ás rutas xacobeas, á adscrición histórica de  Cataluña Norte (Rosellón, Cerdaña), ás relacións cos territorios da Coroa de Aragón (Provenza Marítima, Aragón, Valencia, Mallorca e Reino de Nápoles) e feudatarios (Razés, Carcasona, Nîmes), así como os lazos políticos, comerciais e estratéxicos con outras zonas do Mediterráneo Occidental (Génova, Pisa, Siena, Florencia, Boloña, Roma) e Oriental (Grecia, Constantinopla, Chipre, Terra Santa, Exipto copto y Sinaí).

Para iso estúdase, a través das técnicas de análise de laboratorio o traballo e a formación, a aprendizaxe e a organización dos artistas medievais, tanto de pintores –miniaturistas, sobre táboa e mural– como de escultores e arquitectos. Neste proxecto están representados artistas como Arnau Cadell, Raimon Lambard, Reinart des Fonoll, Ferrer Bassa, Maestro de Baltimore; e analízanse figuras de comitentes artísticos como Oliba, Ermessenda, Mafalda d´Apulia, Sant Ot, Jaume II ou Elisenda de Montcada.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago cumpre así un dos seus principias fins, como é o de potenciar a investigación no ámbito da peregrinación en xeral, da peregrinación xacobea e do Camiño de Santiago en particular, así como do nacemento e evolución da cidade de Santiago.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeBodeguilla de San Roque