O Xacobeo resalta o labor das asociacións de peregrinos en prol da conservación da cultura e os valores do Camiño
fai 11 anos
A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago celebrou en Sobrado dos Monxes o seu vixésimo aniversario cunhas xornadas que incluíu conferencias, visitas guiadas, un concerto, unha mostra fotográfica e un percorrido por un tramo do Camiño Norte.
A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago foi fundada no mosteiro de Sobrado dos Monxes en 1992. Esta fin de semana, dúas décadas despois, os integrantes desta asociación e diversos expertos e interesados na cultura xacobea reuníronse de novo alí para conmemorar o aniversario desta organización, decisiva na recuperación, sinalización e difusión dos itinerarios a Santiago.
Entre os actos de celebración destacan a inauguración da mostra fotográfica XX Aniversario AGACS: 20 anos facendo Camiño Xuntos; o concerto A música no Camiño de Santiago do grupo Resonet ou a visita guiada ao mosteiro.
Tamén varios relatorios como o impartido polo xerente do Xacobeo, José Paz, no que resaltou o importante labor das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago a prol da conservación da Ruta, así como o traballo altruísta dos integrantes das mesmas. “A colaboración das asociacións coa Xunta de Galicia ten sido decisiva para a recuperación, sinalización e difusión de itinerarios hoxe tan seguidos e recoñecidos a nivel internacional como o Camiño Portugués, tanto en Galicia como en Portugal; o Camiño Fisterra-Muxía ou o Camiño do Sueste, entre outros”, destacou Paz Gestoso.
Así mesmo, o xerente resaltou a labor dos entes asociaciativos para a conservación do trazado físico pero tamén para a conservación dos valores inmateriais das rutas, como a hospitalidade, a solidariedade e o sentido histórico. Tamén incidiu no seu relatorio en que a Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago é unha das Asociacións máis diversas, máis plurais e internacionais que existen arredor do Camiño.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)