PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A cidade renovou o voto a San Nicolás de Bari

fai 11 anos

Membros da corporación compostelá asistiron onte, 6 de decembro, aos actos de conmemoración do voto a San Nicolás de Bari en San Paio de Antealtares. 

Membros da corporación municipal nos actos

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e boa parte da corporación, asistiron aos actos celebrados na igrexa de San Paio de Antealtares con motivo do voto da cidade a San Nicolás de Bari para agradecerlle ao santo as súas atencións aos composteláns.

Esta tradición do voto a San Nicolás remóntase ao ano 1569, cando o rexedor compostelán de entón, Sebastián Balboa, e a súa dona, Catalina Sánchez, impulsaran a Obra Pía de San Nicolás, en agradecemento polo auxilio prestado polo Santo á cidade en momentos complicados.

A cerimonia relixiosa, que se celebra todos os anos o 6 de decembro, remata co canto do himno composto en honor a San Nicolás. un sacerdote que viviu no que hoxe é Turquía entre os anos 270 e 345. Procedente dunha familia adiñeirada, repartiu a súa herdanza entre os pobres cando decidiu abrazar a vida relixiosa. Atribúenselle numerosos milagres. Ao morrer foi enterrado en Mira, onde foi bispo e permaneceu ata o século XI, cando uns mariñeiros da localidade italiana de Bari o levaron á súa terra.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle