Unha taberna convertida en referente gastronómico
fai 10 anos
En 1986 nacía sobre unha antiga taberna compostelá La Bodeguilla de San Roque, unha casa de comidas comprometida coa cidade e coa cultura galega, que celebrou xa as súas vodas de prata.

Os pratos de sempre en novos e modernos locais onde facer da comidas un auténtico pracer.
Situada, como o seu nome indica, no barrio de San Roque, en pleno casco histórico de Santiago, La Bodeguilla converteuse ao longo destes 26 anos de existencia nun referente gastronómico e cultural da cidade. Recuperando o espírito das tabernas como lugares de convivencia e diálogo, este coqueto restaurante é xa todo un referente entre composteláns, turistas e peregrinos.
Precisamente coincidindo coa celebración do seu 25 aniversario, realizou unha homenaxe ao Camiño de Santiago mostrando, mes a mes, o acervo gastronómico, rico e fecundo, das terras que atravesa, desde Aragón, que centrou a carta de xaneiro, ata Compostela, que pechou as xornadas en xullo. A proposta incluia tamén catas dos viños de cada área.
Porque a enoloxía é outra das apostas da casa, especialmente preocupada por dignificar o viño galego, que tan ben acompaña á oferta gastronómica do local: xamón e pan con tomate, revoltos, cogomelos, polbo, peixes do día, tenreira galega, carnes ibéricas, etc.
Considerado un auténtico “tesouro da terra”, La Bodeguilla coida o seu servizo para que o cliente poida gozalo ao máximo, o que lles valeu numerosos recoñecementos como a mellor carta da Ribeira Sacra por parte da Asociación de Catadoras “Gallaecia”.
As novas Bodeguillas
O éxito da Bodeguilla de San Roque levou a crear dous novos centros, La Bodeguilla de San Lázaro e, moito máis recentemente, La Bodeguilla de Santa Marta. En ambos os dous as suxestións do día están marcadas pola elaboración de peixes, carnes e verduras de tempada, produtos “da praza” que comparten protagonismo coas tradicionais ensaladas ou as “tixolas” de polbo, cogomelos...
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 8 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)