PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Xacobeo e Begano iniciaron hoxe a plantación de árbores autóctonas no Camiño Inglés

fai 11 anos

O xerente do Xacobeo, José Paz, e o director comercial de Bebidas Gaseosas do Noroeste, S.A., José Picado, realizaron esta mañá en Veche, Abegondo, a plantación da primeira das árbores autóctonas que ao longo do día realizaron traballadores voluntarios de Begano. 

Esta acción é resultado dun acordo de colaboración a través do cal Begano se comprometeu á plantación de árbores autóctonas no Camiño Inglés ao seu paso polo Concello de Abegondo. O Xacobeo, pola súa parte, comprometeuse a xestionar os permisos de plantación, tanto coa administración local como cos propietarios dos terreos nos que se realizará a reforestación.

En virtude deste convenio, ao longo do día de hoxe traballadores voluntarios da empresa procederán á plantación de castiñeiros, cerdeiras, acivros e abeleiras, entre outras especies autóctonas, ao longo dun tramo do Camiño Inglés que percorre as parroquias de Limiñón, Meangos, Vilacoba, Folgoso e Sarandós.

O obxecto destas plantacións é formar pantallas vexetais de xeito que proporcionen sombra aos peregrinos e contribúan á beleza e á posta en valor das rutas xacobeas. Begano S.A. é unha empresa comprometida coa conservación do Medio Ambiente e por iso son numerosos os proxectos orientados a lograr a sostenibilidade como campañas de sensibilización para os mozos ou a propia implicación do persoal de Begano para realizar plantacións.

Involucrar ás empresas na conservación das Rutas Xacobeas

Esta actuación insírese dentro da estratexia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de involucrar a empresas privadas na divulgación, conservación e mantemento dos Camiños de Santiago. Para isto, ven celebrando dende marzo do pasado ano 2011 conversas coas empresas que patrocinaron o Xacobeo 2010.

Unha intervención semellante á que se realiza dende hoxe coa colaboración de Begano xa se executou o pasado mes de febreiro nos Camiños Francés e Portugués, coa colaboración da empresa Repsol.     

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeOral Group