PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago promociona a cidade na EIBTM de Barcelona

fai 11 anos

Santiago estará presente na segunda feira máis relevante de Europa no ámbito de congresos e xornadas, a EIBTM, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro en Barcelona. 

A EIBTM é a feira máis importante de Europa no sector dos congresos

Trátase da feira máis importante de Europa no sector dos Congresos, Xornadas e Incentivos, xunto co IMEX de Frankfurt, evento no que tamén participou a empresa municipal de promoción turística. Nesta edición do EIBTM estímase que participarán máis de 15.000 profesionais dos sectores vinculados coa industria das convencións, os eventos e as viaxes de negocios.

Turismo de Santiago acudirá a EIBTM a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo para a captación de congresos e xornadas e a colaboración coas empresas organizadoras de calquera tipo de eventos na cidade. A empresa municipal reunirase con organizadores de congresos, axencias de viaxes e touroperadores especializados no sector congresual e de viaxes de incentivos.

O SCCB estará presente no pavillón de Turespaña, dentro do stand de Galicia. Ademais das citas cos profesionais do sector, o SCCB participará na reunión do Spain Convention Bureau, no que se tratarán propostas de colaboración con Paradores e Turespaña, definirase unha revisión da web actual da Spain Convention Bureau así como o material promocional para o vindeiro ano, e definirase tamén o Plan de Actividades 2013.

Ademais, o SCCB repartirá material específico para o sector congresual: a Guía de Congresos presentada este mesmo ano 2012 en Fitur, tanto en castelán coma en inglés e a Guía profesional de Santiago. Tamén repertirá material promocional xenérico sobre a cidade e os USB para entregar nas reunións, con material informativo e audiovisual.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle