PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As pernoctacións internacionais creceron en outubro un 29,4 %

fai 11 anos

Santiago tivo o pasado mes de outubro 50.238 pernoctacións internacionais, segundo o INE, o mellor dato no turismo internacional durante este mes.

 

Durante o pasado mes de outubro producíronse 50.238 pernoctacións de turistas internacionais en Santiago, segundo os datos do INE. Esta cifra supón un crecemento do 29,4 % respecto das 38.821 que se produciron no mes de outubro de 2011. Trátase do mellor mes de outubro en pernoctacións na serie histórica do INE, que recolle datos para a cidade dende o 2005.

No acumulado anual, as pernoctacións internacionais chegan xa a 397.214, a mellor cifra alcanzada nunca nos dez primeiros meses do ano. O crecemento acumulado con respecto ao mesmo periodo do ano pasado sitúase no 13,2 %. No Ano Santo 2010 as pernoctacións internacionais foron neste periodo 379.424.

Os datos de outubro seguen a tendencia que se ven producindo todo o ano: o turismo internacional continúa crecendo na cidade dun xeito importante mentras que decrece o turismo nacional, en claro retroceso pola crise económica que atravesa o país.

Baixa o turismo doméstico

En total o pasado mes xerou 63.859 pernoctacións, unha baixada do 19,75 % con respecto ao mes de outubro do ano pasado. É o peor dato neste mes dende 2005. No acumulado anual o turismo nacional suma 565.427 pernoctacións, representando un descenso do 15,1 % respecto ao mesmo periodo de 2011. Tamén é o peor dato no acumulado nacional dende 2005.

Sumando turismo doméstico e internacional, en outubro houbo 114.097 pernoctacións, unha caída do 3,6 % respecto a outubro do ano pasado. Trátase do cuarto mellor dato dende o ano 2004. No acumulado anual, ambas categorías unidas suman 962.641 pernoctacións, un descenso do 5,3 % respecto do mesmo periodo de 2011.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante Don Gaiferos