O Xacobeo participa na cidade brasileira de Gramado na 24 edición do Festival de Turismo
fai 11 anos
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo concorre a esta importante feira de turismo na que ademais do material específico das peregrinacións a Santiago se lles ofrece aos profesionais do sector información xeral sobre Galicia como destino turístico.
Imaxe da feira brasileira
O Xacobeo participa dende hoxe xoves e ata o domingo 25 na vixésimo cuarta edición do Festival de Turismo de Gramado, que ten lugar nesa localidade brasileira do estado de Pernambuco. A entidade acode cun stand propio por quinta vez consecutiva.
Ademais de proporcionar información e promocionar os Camiños de Santiago, farao tamén de Galicia como destino turístico. O ano pasado, esta feira rexistrou a visita de catorce mil profesionais procedentes de todo o mundo, principalmente do continente americano. Este ano está prevista a visita á feria de Gastáo Vieira, ministro de Turismo do Brasil.
No Festival de Turismo de Gramado participan os sectores de Hostalería, Ocio, Servizos, Equipamento e Tecnoloxía e Operadores e Organismos de Turismo. A feira divídese en salóns específicos dedicados a Tecnoloxía para o Turismo, Turismo de Saúde, Turismo Relixioso e Esotérico, Turismo Cultural, Ecoturismo, Turismo Rural e Turismo GLS.
Como principais actividades complementarias da feira, celébrase o congreso Festuris que baixo o lema de Fusións, Alianzas e Redes: reciclando Estratexias de Xestión promove debates de actualidade no sector. Tamén ten lugar un workshop específico dedicado a Miami, cidade que hoxe en día ten no turismo de compras a súa principal ferramenta de xeración de negocios.
Brasil é un dos países que en maior número e máis rapidamente aportan peregrinos ao Camiño de Santiago, ocupando o primeiro lugar dos países latinoamericanos no ranking. No Ano Santo de 2010 tivo a oitava praza con 2.121 peregrinos que recibiron a certificación oficial compostela e no pasado ano de 2011 ocupou a décimo primeira posición con 1.983 peregrinos.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)