PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Inclúese nos Orzamentos do Estado a emenda para obter beneficios fiscais aplicables á celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís

fai 12 anos

Os actos relacionados coa celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago terán a consideración de acontecemento de excepcional interese público. Os actos irán do 1 de xullo de 2013 ao 30 de xuño de 2015.

O informe da ponencia da Lei de Orzamentos Xerais do Estado xa inclúe a emenda sobre os Beneficios Fiscais aplicables aos actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela (1214-2014). A Xunta de Galicia solicitou que os actos citados puideran acollerse aos incentivos fiscais establecidos na Ley 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.

A solicitude tramitouse a través dunha emenda de adicción ao articulado da Lei de Orzamentos Xerais do Estado na que se especifica que os actos relacionados coa peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago terán a consideración de acontecemento de excepcional interese público aos efectos do disposto no artigo 27 da Ley 49/2002 de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado. As actuacións a realizar serán as que aseguren o axeitado desenvolvemento do acontecemento e os beneficios fiscais serán os máximos establecidos no artigo 27.3 da devandita ley.

Peregrinación desde Asís

A celebración promoverá “congresos, exposicións e publicacións de gran calidade” e a partir do 2 de agosto de 2013 o Comune di Assisi –irmandado coa cidade de Santiago– organizará unha peregrinación colectiva Asís-Compostela, acompañada de accións culturais e promocionais, conferencias, concertos, etc. Estas accións organizadas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Orde franciscana, poderán contar co patrocinio privado.

O evento terá repercusión mundial, con actuacións concretas en Italia, Francia e España, integrando participantes de todo o mundo nos congresos que se realizarán en Santiago en 2014. Isto conseguirase coa colaboración da Orde franciscana e o apoio da Custodia de Xerusalén. En Santiago organizaranse diversos congresos internacionais, un deles sobre a historia das peregrinacións.

Contémplase a edición das actas como instrumento promocional e memoria do evento así como diversas mostras, unha das cales estará centrada no legado de San Francisco e a Orde que funda, e a súa relación cos camiños da peregrinación e as súas metas: Santiago, Xerusalén e Roma. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante Don Gaiferos