PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Museo de León acolle desde hoxe a exposición Á Luz do Calixtino

fai 11 anos

Hoxe chega a León a mostra didáctica sobre a historia e os contidos doCalixtino, que xa estivo en diversas cidades de todo o estado. A exposición poderá verse ata o 2 de decembro no Museo de León. 

A mostra estará en León ata o 2 de decembro

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, e mais o director do Museo de León, Luis Grau, inauguraron este proxecto expositivo, organizado polo Xacobeo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego e o Museo de León, e que inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Codex.

Algunhas das pezas que se poden ver na mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha edición do Códice Calixtino do século XII ou a cruz doada polo rei Afonso III en 874. Ademais, poden verse fotos ampliadas das miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior románico da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén gozar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice.

A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade da visión completa do texto en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice, e un programa de visita virtual á basílica xacobea denominado Libro de Pedra.

A exposición, que iniciou a súa itinerancia en Barcelona en outubro e estivo xa na Casa de Galicia de Madrid, continuará o seu periplo por outras cidades españolas como Pamplona e europeas como Le Puy, Munich,  Berlín e Roma.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeLa Salle