O xerente do Xacobeo promociona o Camiño de Santiago na illa coreana de Jeju
fai 11 anos
O xerente da sociedade, José Paz, pronuncia hoxe un relatorio na conferencia internacional baseado no traballo do Xacobeo a prol da xestión, conservación, posta en valor turística e promoción da Ruta Xacobea a nivel internacional.
José Paz Gestoso, xerente do Xacobeo
Australia, Canadá, Finlandia, Francia, Alemaña, Israel, Italia, Xapón, Líbano, Nepal, Sudáfrica, España, Suíza, Turquía, Uganda, Reino Unido e Estados Unidos son os países dos que proceden os relatores da II Edición da World Trail Conference que por segundo ano consecutivo se celebra na illa coreana de Jeju.
The Bruce Trail, a ruta das Cinque Terre, a Lebanon Mountain Trail, a Rim of Africa Trail ou a Ruta dos Apalaches son algunhas das rutas relixiosas, culturais ou deportivas que acoden a este encontro, no que España está representado polo Camiño de Santiago a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
O xerente da entidade centrou o seu relatorio na expansión da rede de albergues, o incremento da proxección internacional do Camiño, a fórmula para contabilizar aos camiñantes ou as diferentes iniciativas promocionais desenvolvidas polo Xacobeo para a posta en valor turística do Camiño de Santiago.
José Paz tamén participou nun workshop no que intercambiaron experiencias sobre a xestión e promoción das diferentes rutas, así como sobre os diversos xeitos de aproveitar turisticamente a ruta e tamén como elemento de reequilibrio territorial e de desenvolvemento económico do país no que se asenta.
O Camiño de Santiago acadou nos últimos anos unha gran repercusión no país asiático, especialmente a raíz das tres publicacións realizadas pola coreana Kim Hyo Sun sobre a Ruta Xacobea, das que vendeu xa máis de 100.000 exemplares no seu país.
No anterior Ano Santo 2010 xa chegaran a Compostela 1.455 coreanos facendo o Camiño. O ano pasado esta cifra incrementouse ata chegar ás 1.740 compostelas entregadas na Oficina do Peregrino aos camiñantes de Corea do Sur.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)