PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A maior asociación de peregrinos de Holanda busca revitalizar o Camiño no país

fai 11 anos

Joost Bol, presidente da Neterlands Gennotschap van Sint Jacob, a asociación xacobea de Holanda, reuniuse hoxe co xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz. O ente holandés é o máis grande do mundo dentro do eido das Asociacións de Amigos do Camiño, dado que conta con máis de once mil socios.

O obxectivo do encontro que mantivo Bol co xerente do Xacobeo e posteriormente coa técnico responsable do asociacionismo xacobeo e da investigación foi tratar sobre proxectos conxuntos que implican a colaboración doutras asociacións estranxeiras, así como estudar posibles vías para ter unha maior implicación no territorio galego.

Entre as iniciativas que proxectan desenvolver de xeito conxunto figuran a posta en marcha de actividades de información e difusión do Camiño entre a xente nova, co obxectivo de revitalizar tamén a asociación e de que os mozos holandeses consideren o Camiño de Santiago como parte da súa experiencia postuniversitaria, como unha opción para desenvolver unha vivencia única antes de iniciar a súa vida profesional. Para isto traballarán coas universidades do país e na edición de material promocional on-line e offline específico para tal fin, así como na plasmación formal deste acordo nun documento que será asinado por ambas partes.

O xerente do Xacobeo explicou ademais que trasladará esta proposta ao Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, cuxa directora viaxou nestes días a Santiago con motivo da celebración do XXV aniversario da Declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

O presidente da asociación xacobea de Holanda matizou que proxectan crear un “punto de encontro” en Compostela, en colaboración coa asocación flamenca de Bélxica, para atender especificamente aos peregrinos procedentes de ambos países. Segundo a Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, no último Ano Santo viñeron a Santiago 2.063 peregrinos holandeses; dato superado no 2011 con 325 peregrinos máis. Só no que vai de 2012 recolleron a compostela un total de 2.923 holandeses.

Ademais do seu traballo de información e reparto de credenciais a peregrinos, a asociación holandesa realiza importantes publicacións, entre elas unha revista de investigación, guías e cartografía dos Camiños, particularmente orientadas ao itinerario en bicicleta dende Holanda a Compostela. O ano pasado, a asociación levou adiante numerosas iniciativas de promoción do Camiño de Santiago en Holanda como a organización da exposición Pilgrims, que tivo lugar na cidade de Utrecht, así como colaborando coa exposición sobre Santiago nos Países Baixos, celebrada en Uden. Ambos proxectos expositivos foron apoiados cunha gran campaña promocional en todo o país.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels