O Xacobeo participa na feira de turismo international Tour Salon de Polonia
fai 12 anos
Ten un mostrador específico dentro do stand de Turespaña nesta importante feira dirixida tanto a profesionais como a público en xeral e á que xa acudira no 2006. Ademais do material específico das peregrinacións a Santiago, o Xacobeo proporciona información de Galicia como destino turístico.
Stand promocional
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participa dende hoxe ata o sábado na feira de turismo internacional Tour Salón que se celebra na cidade polaca de Poznan. O Xacobeo acode cun mostrador específico dentro do stand de Turespaña onde ademais de proporcionar información e promocionar os Camiños de Santiago farao tamén de Galicia como destino turístico.
O Xacobeo xa acudira a esta feira no 2006 e volve agora aproveitando a presenza de Turespaña a efectos promocionais e a importancia que ten para a peregrinación a Santiago o mercado polaco, país moi fiel ao Camiño; de aí esta aposta por unha atención prioritaria.
Polonia ocupa actualmente o décimo terceiro lugar no ranking de nacionalidades que realizan a peregrinación a Compostela, cun total de 1.820 peregrinos rexistrados oficialmente pola Oficina do Peregrino no ano 2011, mentres que no Ano Santo de 2010 foron 2.040 (ocupando entón a décima posición).
A feira Tour Salón é a única que mantén en Polonia a Oficina de Turismo de España por ser a que presenta mellores resultados para o conxunto das comunidades autónomas. O pasado ano recibiu uns 30.000 visitantes nun recinto de oito mil metros cadrados repartidos en dous pavillóns nos que 750 expositores presentaron produtos turísticos de 43 países. Entre estes produtos están touroperadores, axencias de viaxes, hoteis, turismo termal, turismo activo e de negocios, turismo relixioso, aeroportos e aplicacións ao sector de novas tecnoloxías.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)