PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Setembro bate o récord de pernoctacións internacionais en Santiago

fai 11 anos

Durante o pasado mes de setembro producíronse 66.598 pernoctacións de turistas internacionais en Santiago, segundo os datos do INE. Esta cifra marca un novo récord no número de pernoctacións internacionais nun mes, superando as 62.207 que se deron en setembro do Ano Santo 2010.

Peregrinos en Santiago a pasada semana

Os datos de setembro seguen a tendencia que se vén producindo todo o ano: o turismo internacional continúa crecendo na cidade mentres baixa o nacional. Así, o pasado mes foi o terceiro deste ano –tras maio e xuño– no que Santiago tivo máis pernoctacións internacionais que domésticas.

As 66.589 pernoctacións internacionais de setembro supoñen un crecemento do 19,9 % respecto das 55.526 do mesmo mes de 2011. No acumulado anual, as pernoctacións internacionais chegan xa a 346.976, a mellor cifra alcanzada nunca nos nove primeiros meses do ano. O crecemento acumulado con respecto ao mesmo período do ano pasado sitúase no 11,2 %.

Turismo doméstico

As 60.544 pernoctacións do turismo doméstico son o segundo peor dato dende 2004 –a excepción das 60.321 de setembro de 2008. Representan un descenso do 21 % respecto do mesmo mes do ano pasado. No acumulado anual, o turismo nacional suma 501.568 pernoctacións, representando un descenso do 14,5 % respecto ao mesmo período de 2011.

A caída do turismo nacional débese á crise económica, que está reducindo as viaxes vacacionais de xeito considerable. Así, segundo os datos do INE, o 44,5 % dos fogares españois non poden permitirse saír de vacacións unha semana, porcentaxe 5,6 puntos superior á do ano 2011.

Sumando turismo doméstico e internacional, o pasado mes houbo 127.133 pernoctacións, unha caída do 3,8 % respecto a setembro do ano pasado. Non obstante, tras os datos de 2010 e 2011, é a terceira mellor cifra dende 2004. No acumulado anual, ambas as dúas categorías suman 848.544 pernoctacións, un descenso do 5,55 % respecto do mesmo período do ano anterior.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle