Albergue e hotel no corazón de Compostela
fai 11 anos
En pleno casco histórico compostelán, a 10 minutos da catedral e moi preto do fermoso parque de Bonaval, atópase o Albergue Turístico La Salle, unha opción alcanzable en pleno corazón de Santiago.
O Albergue La Salle está na rúa Tras de Santa Clara
Destaca pola súa excelente localización, no corazón do casco histórico de Santiago e moi preto dun dos espazos máis emblemáticos e fermosos da cidade, como é o parque de Santo Domingo de Bonaval, o cal permite aos seus hóspedes gozar dunha contorna natural en plena cidade. Pero tamén o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo do Pobo Galego atópanse a apenas uns minutos andando, do mesmo xeito que os espazos xacobeos máis visitados de Santiago, como a catedral.
Isto converte ao Albergue Turístico La Salle nunha opción de aloxamento alcanzable en plena zona monumental. As súas instalacións e servizos son semellantes ás dun hotel no que prima a comodidade do cliente, pero o seu prezo resulta moito menor.
Por iso resulta ideal tanto para o peregrino como para o turista con menos orzamento, así como para grupos de amigos e familias, posto que conta con amplas habitacións de ata seis camas a prezos moi reducidos. As máis completas contan con baño privado, calefacción e auga quente, teléfono e servizo de espertador, limpeza diaria e inclúese no prezo o servizo completo de sabas, toallas e xabón, mentres que as máis económicas teñen baño compartido.
Dispón ademais dunha habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida, con ascensor e accesos, autoservicio de lavandería, unha sala de estar con fermosas vistas, televisión, máquinas de bebidas e aperitivos, frigorífico e microondas; Wi-fi gratuíto, internet de pago con impresora e unha pequena biblioteca do Camiño. Conta tamén con consigna, aparcadoiro gratis de bicicletas e envíos por Bike Line, e a súa recepción está aberta as 24 horas.
Hotel La Salle
O Albergue está pegado ao Hotel La Salle do mesmo nome, situado nun edificio histórico que antes foi residencia de estudantes e que, tras a súa remodelación, acolle un hotel dunha estrela funcional e práctico cunha ampla variedade de servizos, como un espectacular salón social con vistas á catedral, unha fermosa sala de estar estar con vistas a Bonaval, sala de reunións e comedor para grupos, Internet e conexión Wi-Fi, facilidades de aparcadoiro, etc.
As súas 51 habitacións (individuais e dobres) están equipadas con baño, calefacción central, televisión, teléfono, secador e fiestras ao exterior, algunhas delas con vistas á catedral. Tanto as habitacións como os accesos están adaptados para persoas con mobilidade reducida.
Destaca tanto pola comodidade das súas instalacións e servizos como polo trato hospitalario do seu persoal, centrado na atención ao cliente. E todo iso a prezos económicos, adaptados ás necesidades do peregrino e do turista máis esixente.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)