Os personaxes da saga da Guerra das Galaxias volverán tomar as rúas de Compostela en 2013
fai 12 anos
Os afeccionados á saga Star Wars encherán de novo as rúas de Santiago caracterizados como os seus personaxes favoritos. Será no desfile que constitúe o acto central de Imperial Stormtroopers II, unha festa coa que a Tropa Korriban - Star Wars Galicia celebrará o 30 aniversario da estrea d´O Retorno do Jedi.

O sábado 25 de maio de 2013, xusto trinta anos despois da batalla de Endor e o estourido da segunda Estrela da Morte, as forzas do Imperio e os membros da Alianza Rebelde sairán ás rúas de Compostela para conmemorar un acontecemento clave da cultura popular.
A Tropa Korriban quere convidar a todo o mundo a unirse ao desfile para participar na celebración dun “acontecemento galáctico en dimensións”, e que deste xeito “Santiago de Compostela chegue a todos os mundos coñecidos”. As portas de Imperial Stormtroopers II están abertas para que sexa un desfile “longamente lembrado”.
De entrada, xa teñen a confirmación de participación “dalgunhas das asociacións máis importantes, como son a base española da Rebel Legion ou o destacamento portugués da 501st. Legion entre algunhas das máis destacadas.
A Tropa Korriban establecerá puntos de información nas principais cidades galegas para que a festa chegue a todos e facilitar o máximo posible a participación. Tropa Korriban é unha asociación sen ánimo de lucro formada por mulleres e homes afeccionados ao universo Star Wars xurdido da serie de películas da Guerra das Galaxias.
Naceu tras o éxito do desfile organizado en Santiago de Compostela en maio de 2010. A súa principal actividade é a caracterización dos diversos personaxes da saga, así como a participación en actividades educativas, lúdicas ou culturais relacionadas co universo Star Wars.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)
