PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Xunta expón o modelo de aproveitamento turístico do Camiño de Santiago en Armenia

fai 11 anos

O xerente do Xacobeo, José Paz, impartiu o relatorio “Como pode o turismo converterse en factor de cambio” na Conferencia Internacional Valores Universais e Diversidade Cultural no século XXI, organizada pola Organización Mundial do Turismo na cidade armenia de Yerevan. 

O encontro celebrouse na cidade armenia de Yerevan.

A OMT convidou á Xunta de Galicia a expor a súa experiencia no desenvolvemento turístico vinculado á Ruta Xacobea no encontro que reúne a expertos do sector turístico de máis de vinte países. O obxectivo da conferencia é impulsar o posicionamento estratéxico dos países convidados para reforzar a cooperación en Europa e incrementar a competitividade turística.

Compartiron panel co xerente do Xacobeo expertos e xestores turísticos de Chipre, Rusia, Bielorrusia, Alemaña e Armenia, e o acto de apertura do encontro correu a cargo do Ministro de Economía da República de Armenia, Tigran Davlyan.

Na súa intervención, José Paz destacou a importancia na revitalización do fenómeno xacobeo do traballo conxunto das institucións e da colaboración dos axentes sociais e da sociedade civil a través do asociacionismo xacobeo; pero tamén da Igrexa, a través do Cabido da Catedral e do Arcebispado de Santiago, e das diferentes administracións públicas.

Do mesmo xeito incidiu no traballo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo no referente á conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño, á súa protección xurídica; á organización de simposios, congresos..., así como á organización de exposicións e elaboración de unidades didácticas. Tamén resaltou a creación da rede de albergues de titularidade pública e recordou os catro piares nos que se apoiou o Xacobeo desde a súa creación: as infraestruturas físicas; as relacións coas administracións e a sociedade civil; a cultura e a promoción.

Importacia da investigación

O xerente do Xacobeo resaltou a relevancia da investigación do fenómeno xacobeo no proceso de revitalización do Camiño de Santiago á hora de recuperar itinerarios históricos, elaborar publicacións científicas e colaborar con universidades, centros de investigación e especialistas, así como a constitución do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

Paz Gestoso asegurou que o Xacobeo contribuíu tamén “á rehabilitación de boa parte do patrimonio cultural material, relixioso e civil, relacionado coas rutas de peregrinación” e á promoción dese patrimonio a través da súa presenza en feiras, elaboración e distribución de material promocional e outras accións publicitarias. Tamén resaltou a presenza nas redes sociais e nas novas canles de comunicación do fenómeno xacobeo “que tece unha rede mundial virtual que fala do Camiño de Santiago”.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeBodeguilla de San Roque