A exposición “Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago” trasládase á Casa de Galicia en Madrid
fai 11 anos
A exposición didáctica sobre o Calixtino organizada polo Xacobeo estará en Madrid desde hoxe, xoves, ata o 1 de novembro. A mostra desenvolve tanto aspectos do propio libro como o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época e a importancia do Camiño de Santiago.
Imaxe do tríptico informativo
O proxecto expositivo, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Códex.
Algunhas das pezas que se poden ver nesta mostra son orixinais e outras son edicións facsímile. Tamén se poden ver fotografías ampliadas das miniaturas do Códice e a reconstrución virtual dun altar maior da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V, e poderase gozar da música recollida nas notacións orixinais do Códice. A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade de visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais.
Artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos originais do Liber Sancti Iacobi.Tratase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.
A seguinte itinerancia desta exposición será en León, onde poderá verse no Museo da cidade.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)