PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As comunidades do Camiño Francés únense para celebrar o XX aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial

fai 11 anos

En 2013 celébrase o vixésimo aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial. Por iso os gobernos de Galicia, Castela e León, Aragón, A Rioxa e Navarra asinaron hoxe un protocolo que permitirá establecer un marco de colaboración institucional e articular a coordinación das accións promocionais desta Ruta. 

Os asistentes á xuntanza de traballo celebrada hoxe en Burgos

O obxectivo do protocolo é unir esforzos para impulsar a colaboración mutua na posta en marcha coordinada e conxunta de actividades culturais, iniciativas de protección, promoción e difusión dos bens culturais e da comercialización dun recurso turístico-relixioso conxunto deste itinerario histórico. Para isto, desenvolverase unha imaxe común capaz de singularizar unha proposta cultural e turística no Camiño de Santiago Francés entre o outono de 2013 e o outono de 2014.

Así, o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, asinou hoxe en Burgos o protocolo xeral de colaboración, no marco dunha reunión celebrada en Oña. Tamén asistiron á xuntanza a conselleira de Educación, Universidade, Cultura e Deporte de Aragón, María Dolores Serrat; o conselleiro de Educación, Cultura e Turismo da Rioxa, Gonzalo Capellán; o conselleiro de Cultura, Turismo e Relacións Institucionais de Navarra, Juan Luis Sánchez; e a conselleira de Cultura e Turismo de Castela e León, Alicia García. Por parte do Goberno de España, participaron o director xeral de Belas Artes, Jesús Prieto, e a subdirectora de Coordinación Autonómica, Begoña Cerro.

Patrimonio, cultura e turismo

No marco do programa patrimonial impulsarase a posta en valor dos monumentos do Camiño Francés con especial significación xacobea, tanto polo seu carácter artístico, histórico, espiritual ou icónico. No ámbito cultural establecéronse apartados expositivos, museísticos, literarios, musicais e escénicos que poidan alternar polas comunidades autónomas. Para isto, traballarase en exposicións itinerantes, en actividades para o fomento do libro e da lectura relacionadas co Camiño, na creación de ferramentas dixitais para o peregrino ou en actividades de intercambio en artes escénicas, redes de teatro ou festivais.

Finalmente, o protocolo executarase mediante un programa turístico, para o que se realizarán diversas actuacións, baseadas no deseño da representación gráfica da conmemoración do aniversario e mais na elaboración e desenvolvemento de ferramentas promocionais conxuntas.

Camiño Francés

O Camiño de Santiago xerou ao longo dos seus doce séculos de existencia unha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social. Por mor del naceu a primeira gran rede asistencial de Europa e creáronse mosteiros, catedrais e novos núcleos urbanos.

Cómpre lembrar que foi durante séculos un eixe fundamental de comunicación e integración entre os países do norte e do centro de Europa, e do noroeste da Península Ibérica, converténdose nun espazo de intercambio cultural, que se quere manter e conservar coas accións descritas antes con motivo da celebración do vixésimo aniversario desde que a Unesco o declarou Patrimonio Mundial.

 

XXV anos do Primeiro Itinerario Cultural Europeo

O Camiño de Santiago está de celebración tamén en 2012 porque o luns da semana que vén se cumpre o 25º aniversario da súa declaración como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Con tal motivo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo organiza en Santiago diferentes eventos como a proxección gratuíta do filme The Way no Salón Teatro; a celebración dun congreso sobre os 25 anos desta declaración organizado polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ou a celebración dunha exposición titulada Memoria de Peregrinación, que se poderá visitar a partir do día 23 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago e que recolle a evolución da ruta nos últimos cinco lustros.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar