PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Responsables do Ministerio de Turismo israelí visitan o Xacobeo

fai 11 anos

Unha delegación do Ministerio de Turismo israelí foi recibida esta mañá nas instalacións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo polo seu xerente, José Paz. A delegación procura asesoramento e colaboración para a promoción dunha ruta relixiosa en Israel coñecida como The Gospel Trail [A Ruta do Evanxeo].   

A delegación israelí mantivo contactos co personal galego durante todo o día

Os representantes israelís Uri Sahron, responsable do departamento de Turismo Relixioso do Ministerio de Turismo de Israel, e Dolores Pérez, directora da Oficina Internacional Israelí de Turismo para España e Portugal manteñen durante todo o día de hoxe diversas reunións con técnicos do Xacobeo. Mañá trasladaranse ao poboado do Cebreiro onde visitarán durante todo o día lugares emblemáticos do Camiño, así como monumentos, albergues e establecementos de turismo rural representativos ao longo do Camiño Francés ata rematar o percorrido no Monte do Gozo, en Santiago. Nesta viaxe irán acompañados por técnicos do Xacobeo.

O motivo da visita é aprender da experiencia galega na promoción, mantemento e desenvolvemento  do Camiño e establecer un protocolo de colaboración entre ambas vías de peregrinacións que recolla ideas como a de crear oportunidades de intercambio cultural en base ás figuras de Xesús e o apóstolo Santiago, intercambiar información para canalizar posibles inversións de turismo, cooperar na promoción das rutas e estudar actividades conxuntas a nivel global que beneficien ás dúas peregrinacións.

A Ruta do Evanxeo     

The Gospel Trail é unha rede integrada de camiños que dende Monte Precipicio, nas aforas do sur de Nazareth, chega a Cafarnaún, na costa do Mar de Galilea. A ruta foi inaugurada o pasado ano polo Ministerio de Turismo Israelí coa idea de recuperar unha antiga ruta relixiosa e cultural.

Transcorre a través das paisaxes naturais que foron o fogar de Xesús e onde tiveron lugar e inspiraron as súas ensinanzas e parábolas. A Ruta anima aos viaxeiros a “seguir os pasos de Xesús”.  Segundo o director xeral do Ministerio de Turismo Israelí, Noaz Bar Nir, esta ruta “marca a transformación da Cristiandade do provincial ao universal e esta idea pode ser a base para conectar a santidade da Terra Santa con Santiago de Compostela como o máis importante lugar de peregrinación de Europa”.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar