PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Xacobeo repara o albergue público de peregrinos de Tui, no Camiño Portugués

fai 11 anos

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo iniciou unha serie de obras de mantemento e reparación no albergue de Tui, pertencente á Rede de Albergues Públicos para peregrinos. 

As obras consisten basicamente no tratamento dos paramentos interiores e exteriores, a substitución ou reparación das carpinterías de madeira, a limpeza do muro e a revisión das instalacións e cubertas. En total o orzamento  destinado polo Xacoabeo ás mesmas ascende a 45.018 euros e os traballos teñen como data de finalización o vindeiro día 15 de novembro.

O albergue público de peregrinos de Tui ten 40 prazas do total das 495 prazas públicas en albergues do Xacobeo con que conta o Camiño Portugués. Está situado na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, na antiga casa reitoral situada entre a capela da Misericordia e a igrexa de San Telmo, e funciona como albergue dende o ano 1999, tras unha restauración deste inmoble.

A restauración levada a cabo no seu día posibilitou unha edificación que ademais de  albergue pode ser utilizada como centro cultural e multiusos.  A súa estrutura, cunha superficie de 567,4 metros cadrados, consta dunha planta semisoto, planta baixa e planta alta. Dispón dun patio xardín posterior de 205 metros rodeado dun muro que se converte nunha balconada corrida aberta cara a praza de San Telmo. Esta restauración, feita polo Xacobeo, contou naquel momento cun orzamento que se achegaba aos catrocentos mil euros.

O ano pasado, en todo o 2011, percorreron o Camiño Portugués un total de 22.062 peregrinos, que supuxeron o 12,03 % dos camiñantes que recolleron a compostela á súa chegada a Santiago.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels