O torneo de squash “Camiño de Santiago” reune aos mellores xogadores do mundo
fai 11 anos
Do 15 ao 25 de outubro celebrarase na pista de cristal instalada en Área Central o Torneo Internacional de Squash PSA “Camiño de Santiago”. Previamente, do 12 ao 14 de outubro, terá lugar o Campionato de España por equipos.
Santiago volverá a contar con algúns dos mellores xogadores do mundo de squash, unha especialidade que cada día gaña máis adeptos. Unha edición máis, o Squash Santiago, que este ano celebra o seu 30 aniversario, faise cargo da organización do torneo. Ao evento acudirán xogadores dos cinco continentes.
Nesta sexta edición, os catro primeiros cabezas de serie están entre os vinte mellores xogadores do mundo. Destaca, unha vez máis, o favorito da afección local, Borja Golán, que defenderá o título que gañou na mesma pista de Área Central na edición de 2011.
Esta competición é a máis importante de España e unha das máis relevantes en Europa. Ademais, o seu marco, a pista de cristal de Área Central, faina un evento especialmente atractivo para o público, que pode gozar coa mellor visibilidade da rapidez e dinamismo deste deporte.
Campionato de España por equipos
A actividade na pista de cristal, compartida neste caso coas pistas do Squash Santiago no Milladoiro, comezará este venres co Campionato de España de squash por equipos. As semifinais e a final serán o sábado pola tarde en Área Central. O Squash Santiago defende o título logrado en 2011 en Xixón. De gañar de novo, sería o cuarto título español por equipos consecutivo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)