O ministro de Cultura garante que o Códice non sufriu danos durante a súa prolongada etapa fóra da catedral
fai 12 anos
O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, contestou a unha pregunta da deputada compostelá Marta Gónzalez sobre o estado do Códice Calixtino tras o seu roubo e a súa prolongada permanencia nun garaxe.
O "Códice" componse de varios libros de extraordinario valor
A deputada popular agradeceu a profesionalidade, a paciencia e a experiencia das forzas de Seguridade do Estado e preguntou cal é o estado do manuscrito e se é precisa algunha intervención despois do desafortunado paréntese de permanencia do Códice na catedral de Santiago protagonizado por un electricista que roubou o prezado libro.
Marta González recordou que o Códice conta con dúas pezas absolutamente extraordinarias, unha delas o libro V, o Liber Sancti Iacobi, a primeira guía de viaxes da historia, que informa aos peregrinos do século XII sobre onde deben pasar a noite, que igrexas deben visitar e que augas de que ríos poden beber, entre outras cousas, e a outra peza, o libro cuarto ou Pseudo-Turpín, un relato mitológico que vincula a Compostela con Carlomagno, Roldán e cantárelos de xesta.
Na súa resposta, o ministro José Ignacio Wert garantiu que o Códice non sufriu ningún dano durante a súa prolongada estancia no garaxe do seu ladrón e asegurou que o Instituto de Patrimonio Cultural de España aproveitou para facer unha exhaustiva análise sobre as mellores condicións ambientais e de temperatura necesarias para a súa conservación, o que axudará, no futuro, ao seu mantemento na catedral nas mellores condicións.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)