PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago asiste en Noruega a unha reunión para a promoción do Camiño en Europa

fai 11 anos

Turismo de Santiago participará mañá martes en Trondheim, Noruega, nunha reunión técnica do Proxecto Certo, no que entidades de catro países promocionan conxuntamente tres Itinerarios Culturais Europeos.

A alcaldesa de Trondheim visitou Santiago o pasado mes

Os tres Itinerarrios –o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf– comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media. As entidades que participan son o Concello de Santiago, Camiños de Europa (Parma), Asociación Europea da Vía Francíxena (Fidenza), Centro Nacional de Peregrinaxe da Ruta de San Olaf (Trondheim), e Instituto Europeo de Itinerarios Culturais (Luxemburgo).

O proxecto Certo ten un orzamento de 166.000 euros, financiado pola Unión Europea. Nas actividades de promoción inclúense presstrips ou viaxes de xornalistas para que coñezan os distintos camiños, presenza conxunta en feiras e distintos foros de turismo para profesionais, presentacións en destino, programas para compartir experiencias e coñecementos...

Dentro deste proxecto, Turismo de Santiago ten promocionado xa a cidade en Parma en abril deste ano, dentro da presentación xenérica do programa que tivo lugar nesta cidade italiana. Ademais, no pasado mes de agosto recibiu a visita da alcaldesa de Trondheim, Rita Ottervik, quen estivo na cidade acompañada dunha ampla delegación da cidade norueguesa para coñecer Santiago e as estratexias de promoción que se desenvolven.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle