A localidade portuguesa de Vila Verde acolle a exposición itinerante do Xacobeo “Olladas no Camiño de Santiago”
fai 11 anos
A exposición recolle a visión do Camiño de Santiago dos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. Permanecerá na biblioteca municipal Profesor Machado Vilela ata o 27 deste mes, mentres outra copia se exhibe nas Azores.
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo organiza na localidade portuguesa de Vila Verde –distrito de Braga– unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago. A exposición “Olladas no Camiño de Santiago” conta coa colaboración da Associaçao Confraría de Sâo Tiago Espaço Jacobeus e mais da Cámara Municipal de Vila Verde.
A mostra, que forma parte dun plan de promoción do Camiño de Santiago en Portugal, estará ata o 27 de outubro na biblioteca municipal Profesor Machado Vilela, tras pasar por Barcelos, Oliveira de Azemeis, Belmonte e Valença do Minho. Outra copia exhíbese nas illas Azores e trasladarase despois a Madeira.
“Olladas no Camiño de Santiago”
A exposición fotográfica amosa a visión particular que sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo teñen diferentes fotógrafos. Os autores, Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz rexistran coas súas cámaras a paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana de peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago.
Nas fotos aparecen desde símbolos puramente xacobeos ata manifestacións antropolóxicas, pasando por retratos con nome e apelidos e figuras anónimas, e desde paisaxes abertas ata a intimidade de igrexas e claustros.
A dicir dos críticos, a través das súas obras os artistas senten e reflicten como nunha sociedade globalizada e acelerada existen espazos en que, “independentemente de quen sexas e de a onde vaias, sempre te sentirás identificado”. O tempo toma unha dimensión diferente da que manexamos no noso ritmo cotián.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)