PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Xunta destina 157.000 euros para a posta en valor do Camiño Francés no núcleo de San Paio, en Santiago

fai 11 anos

A Consellería de Cultura vén de destinar 157.000 euros para a rehabilitación do Camiño do Francés, ao seu paso polo núcleo de San Paio, en Santiago. As obras, que empezarán proximamente, inclúense no Plan de restauración e posta en valor dos Camiños de Santiago elaborado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. 

Camiño Francés ao seu paso polo Concello de Santiago

Está previsto actuar na área formada por un pequeno grupo de casas que delimitan o espazo xunto ao adro da igrexa de Santa Lucía de Sabugueiro, que se atopa lixeiramente elevada respecto ao nivel dos camiños circundantes. A finalidade da actuación é mellorar este espazo polo que pasa o Camiño de Santiago, eliminando ou minimizando os impactos visuais negativos existentes. Para iso limparase o contorno e consolidarase o muro que define o adro da igrexa.

Despois demolerase a marquesiña existente e construirase unha nova de aceiro e vidro; eliminaranse os postes de instalacións, soterraranse as liñas e instalarase un nova iluminación pública. Finalmente, pavimentarase o espazo en torno ao adro e substituiranse os bancos existentes.

Plan de restauración e posta en valor dos Camiños de Santiago

Estas actuacións enmárcase dentro dos convenios de colaboración asinados entre a Consellería de Cultura e Educación e o Ministerio de Fomento para o cofinanciamento das obras de posta en valor dos espazos públicos do Camiño de Santiago. O Ministerio de Fomento achegou o 50 % do custe das obras, e a Consellería, o outro 50 %, así como o total do custe dos honorarios facultativos.

Este plan conta cun investimento aproximado de 2,5 millóns de euros para doce actuacións en once concellos do Camiño Francés (nove actuacións na provincia de Lugo e tres na da Coruña). O obxectivo é rehabilitar e acondicionar os espazos públicos de núcleos representativos, e patrimonio etnográfico do seu contorno co obxectivo de mellorar as condicións para o uso dos seus habitantes e dos peregrinos destas rutas. 

O programa propón a recuperación sustentable e a posta en valor dos lugares de uso comunitario (prazas, fontes, lavadoiros, etc.) que serven de punto de encontro para a celebración de reunións, festas ou actividades comúns nos núcleos rurais. Son espazos de intercambio de cultura e coñecementos que fomentan as actividades sociais e que constitúen sinais de identidade propios e singulares da nosa paisaxe cultural.

Melide e Arzúa

O plan incluíu unha intervención preto da igrexa de Santa María, no Concello de Melide, que contou cun orzamento de 214.000 euros para mellorar as instalacións, a pavimentación e os límites co privado. Soterráronse cables aéreos e aproveitouse para substituír os elementos de alumeado público por outro máis acorde co carácter rural e mellores condicións de consumo. Redefiniuse o pavimento existente, marcouse o Camiño e definiuse un ámbito para aparcar temporalmente os vehículos dentro dun certo orde, ademais de mellorare diversos elementos do contorno.

En Boente de Arriba, no Concello de Arzúa, investíronse 240.000 euros para a mellora das instalacións, asegurando as súas condicións de integración ambiental e eficiencia, cun cambio no criterio de iluminación, na mellora da recollida de augas e todas as redes de subministro. Na zona baixa da fonte e o cruceiro realizouse unha nova pavimentación que fixo máis representativa esta localización singular na parte alta da aldea.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels