Alumnos de varios países participan nunha nova edición do curso "Camiño de Santiago"
fai 12 anos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes do curso “Camiño de Santiago”. Este curso ofrece aos participantes mellorar o seu español á vez que coñecen máis sobre o Camiño de Santiago.
Os alumnos no salón vermello de Raxoi
Este é un programa pioneiro que, ao longo de dúas semanas, combina o estudo multidisciplinar da ruta xacobea e o perfeccionamento da lingua española.
Alumnos e alumnas cun coñecemento previo do español reciben 40 horas lectivas, nas que se achegan á lingua e á cultura a través da historia, a arte, a xeografía, a gastronomía e a actualidade do Camiño de Santiago.
O curso inclúe tamén actividades culturais, como visitas guiadas pola cidade, tertulias e a recepción no Concello de Santiago e no Reitorado da Universidade.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)