Axentes de Turismo e xornalistas chineses percorrerán o Camiño de Santiago esta semana
fai 12 anos
Mañá xoves un grupo de doce cidadáns chineses relacionados coa organización de viaxes e a comunicación comezan o Camiño de Santiago en Sarria, para chegar a Santiago de Compostela o día 8.
Os operadores chineses iniciarán a ruta mañá en Sarria
Nesta viaxe participa a axencia Compass Travel Club, un operador chinés que vende o Camiño de Santiago nun paquete combinado que inclúe os últimos 100 quilómetros do Camiño Francés.
Este operador turístico é pioneiro en organizar rutas temáticas e únicas con pequenos grupos entre os seus clientes. Entre os viaxeiros estará Jiang Haizhong, presidente da axencia Compass Travel Club, Song Yingjie, presentador do prognóstico meteorolóxico da televisión chinesa, e Liang Xiwen, director de mercadotecnia da revista Top Travel.
Prospección rusa
Por outra banda un grupo de 17 operadores turísticos rusos inician tamén mañá unha visita de prospección a Galicia co obxecto de coñecer os recursos e as posibilidades turísticas da comunidade galega e organizar futuras viaxes para os seus clientes desde Rusia. Esta actividade de promoción é froito das xestións da Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo coa maiorista Marfil, que opera neste mercado con estas axencias de viaxe.
Polo que respecta aos axentes rusos, nesta viaxe de familiarización organizada por Turgalicia, mañá visitarán A Coruña, onde poderán coñecer a oferta turística da cidade herculina. O día 5 de outubro, os operadores turísticos achegaranse ata Santiago de Compostela, onde visitarán a Cidade da Cultura de Galicia, a catedral e o centro histórico.
Na súa estadía en Galicia, os axentes de turismo rusos tamén visitarán o día 6 de outubro a vila de Baiona, a cidade de Vigo e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Por último, o día 7 de outubro, poderán coñecer a Ría de Pontevedra –Poio, Combarro, Sanxenxo e Portonovo– , a praia da Lanzada, O Grove, a Illa da Toxa, Cambados e unha adega produtora de viño con D.O. Rías Baixas.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)