PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago Stock ofrece unha semana de rebaixas en máis de 65 comercios

fai 11 anos

A primeira feira urbana de oportunidades de Santiago comezou onte e prolongarase ata o sábado. Estímase que haberá promocións superiores ao 50 %.

Santiago acolle durante toda esta semana o primeiro “Santiago Stock, O teu punto de encontro aos mellores prezos”. Promovido polo Concello e o sector comercial da cidade, será a primeira feira urbana de oportunidades onde os comercios participantes poderán liberar os seus stocks, ofertando os mellores produtos aos mellores prezos, pero nas súas propias tendas, evitando así custes de desprazamento.

Nesta primeira edición participarán 67 comercios de toda a cidade, que poderán fixar as súas promocións. Estímase que en función das tendas e dos produtos, poderá haber descontos superiores ao 50 %. Ademais, para dinamizar o consumo por cada compra superior aos 20 euros nun comercio entregarase un boleto para participar no concurso de 10 cheques agasallo por un valor de 50 euros para compras en calquera dos establecementos participantes.

Os establecementos participantes en Santiago Stock identificaranse cun vinilo coa imaxe do evento. Tamén se poden recoller folletos na oficina de información de Turismo de Santiago ou consultar na web www.cersiaempresa.org.

Santiago Stock naceu do intercambio de ideas entre o Concello e as diferentes asociacións comerciais da cidade, que tiñan amosado en diferentes ocasións a súa oposición á celebración dun oulet na periferia da cidade. As alternativas que se prantexaron foron a celebración dun evento nun espazo céntrico con carpas ou a organización dunha feira de oportunidades nos propios establecementos. Finalmente, en acordo co tecido comercial, optouse por esta última modalidade,que supón un aforro de desprazamento, montaxe e aluguer para os comercios, e fomenta a fidelización posto que os clientes visitan os propios establecementos.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels