PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Museo Gaiás exhibe xuntas por primeira vez doce grandes xoias da historia galega

fai 12 anos

Xa se pode visitar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media

Inauguración da mostra no Gaiás

Comisariada por Xosé Manoel Sánchez, técnico medievalista do Arquivo da Catedral de Santiago, a mostra reúne 12 códices orixinais de entre os séculos IX e XV, auténticos tesouros do patrimonio documental e bibliográfico galego que por primeira vez serán exhibidos xuntos ao público.

A exposición inclúe unha selección de doce pezas: dúas obras cedidas pola Catedral de Lugo, o Libro X de Pergameos Reais e o Libro XI de Bulas Papais; unha pola Catedral de Mondoñedo, o Tombo Pechado e outra polo Seminario de Mondoñedo, a Legenda Maior. Ademais o Misal Auriense e o Breviario Auriense da Catedral de Ourense; catro da Catedral de Santiago: o Códice Calixtino, o Breviario de Miranda, o Tombo A e Historia Compostelá; e dúas procedentes da Catedral de Tui, o Pontifical e o Pasionario Tudense.

Códices poderá visitarse ata o 6 de xaneiro. O acceso será de balde todos os días da semana, agás os luns (día no que pecha o Museo Centro Gaiás). O horario é entre as 11.00 e as 20.00 horas. Por razóns de seguridade, o acceso ao espazo expositivo limítase a un máximo de 15 persoas de xeito simultáneo.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante Don Gaiferos