PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Museo Diocesano de Barcelona acolle a exposición "Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago"

fai 11 anos

Unha mostra didáctica sobre o Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do Camiño e os seus valores culturais pode verse desde hoxe no Museo Diocesano de Barcelona.

A seguinte itinerancia desta exposición será en Madrid

O proxecto expositivo, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Codex.

Algunhas das pezas que se poden ver nesta mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como un Códice Calixtino do século XII; unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rey Afonso III en 874 –peza de ouro e pedrería realizada en 2004–; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI, ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.

Ademais poden verse fotografías ampliadas da miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior románico da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén gozar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice Calixtino.

A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade de visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V e un programa de visita virtual á basílica denominado Libro de Pedra.

Artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi. Trátase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeOral Group