PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo recibe o XVII Premio Elías Valiña

fai 11 anos

A asociación leonesa fíxose co premio que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para distinguir o traballo de revitalización e promoción dos camiños de Santiago

Reunión do Xurado

O xurado recoñeceu o labor de hospitalidade da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo, que durante máis de dúas décadas leva xestionando varios albergues de peregrinos e puntos de información. Ademais, esta asociación organiza periodicamente asembleas, congresos e conferencias para difundir a cultura xacobea, edita publicacións e fai traballos de recuperación de bens patrimoniais.  

A esta XVII edición presentáronse oito candidaturas que se esforzaron por plasmar os moitos méritos do labor altruísta de conservación, recuperación, divulgación e investigación en torno á ruta xacobea. O premio, moi apreciado polo seu simbolismo no campo da dinamización asociativa xacobea, ascende a 10.000 euros. Nas últimas catro edicións gañaron asociacións estranxeiras, procedentes de Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Bélxica. Nestas ocasión optaron unicamente asociacións españolas, todas elas cunha recoñecida traxectoria a prol dos valores da peregrinación.

Mención especial a Jeannine Warcollier

O xurado distinguiu cunha mención especial a Jeannine Warcollier, traballadora da Asociación Francesa de Amigos de Santiago de Compostela, “polo seu infatigable traballo á sombra ao servizo do Camiño de Santiago durante varias décadas”. Tras o fallo do premio, entregáronse tamén os diplomas aos galardoados na edición de 2011, á asociación flamenca Vlaams Genootschap van Santiago de Compostela e ao sacerdote cántabro Ernesto Bustío Crespo.

O xurado dos premios estivo presidido polo director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, e composto pola subdirectora xeral de Protección do Patrimonio Cultural, María Diz; o xefe de servizo de Protección e Fomento de Patrimonio, Antonio Díaz; o presidente do Comité Internacional de Expertos del Camiño de Santiago, Paolo Caucci; o doutor en Historia do Arte e profesor da USC, Angel Sicart; e o membro do Comité Asesor do Camiño de Santiago e experto investigador de temas xacobeos; Antón Pombo.

Tamén formaron parte deste xurado o representante da asociación flamenca Vlaams Genootschap van Santiago de Compostela (gañadora da última edición), Freddy Du Seuil; o presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino; a presidenta Asociación Cultural Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez; a presidenta da Cofradía del Apóstol Santiago da Coruña, Alejandra Álvarez de Mon Rego; e o presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Cartagena, José Hernández García.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeLa Salle