PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Hostelería Compostela presenta a nova imaxe do Santiago(é)Tapas 2012

fai 12 anos

O colectivo organiza dous obradoiros de cociña en miniatura no mes de  outubro como anticipo do concurso de tapas máis importante de Galicia.

 

Presentación do Santiago(é)Tapas 2012

O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolleu a presentación da nova imaxe do Santiago(é)Tapas 2012, nun acto que contou coa presenza dos presidentes de hospedaxe e restauración de asociación, Xosé Manuel Otero e Xesús Sordo, e o presidente da comisión organizadora do concurso, Germán González.

Nesta nova imaxe faise un aceno á orixe etimolóxica da palabra tapa que vén do antigo costume de tapar os vasos de viño cunha rebanda de pan. Asumindo a organización do Santiago(é)Tapas e cos obradoiros de cociña en miniatura, Hostelería Compostela quere consolidar a cultura do tapeo en Compostela e desenvolvela dun xeito profesional e innovador.

Tapasporte

O tapasporte mantense como un dos sinais de identidade deste concurso no que os participantes van selando nos diferentes locais e probando as tapas. As diferentes rutas e itinerarios van permitir aos clientes coñecer a oferta e o servizo dos establecementos hostaleiros que se anoten neste evento, a través dunha peregrinación sensorial polo mellor da cociña en miniatura de Galicia, sendo un elemento promocional moi interesante para os profesionais.

Hostelería Compostela quenta os fogóns de cara ao Santiago(é)Tapas 2012, animando aos profesionais a participar no concurso, cuxo prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de setembro, e ao público xeral a anotárense nos obradoiros de cociña en miniatura que se van desenvolver durante a segunda quincena de outubro, nas instalacións do Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela.

Os obradoiros culinarios, que pretenden fomentar a cultura do tapeo e dar a coñecer as últimas técnicas e tendencias de elaboración e presentación da cociña en miniatura, están dirixidos tanto a profesionais como ao público xeral, cun enfoque práctico.

A inscrición poderá facerse nas instalacións de Hostelería Compostela, na rúa Salvadas, 29 ou ben enviando un correo electrónico a formacion@santiagohosteleria.org. A data límite para anotarse é o 15 de outubro. O boletín para a inscrición no Santiago(é)Tapas e as bases poden consultarse na web www.santiagoetapas.com. A data límite para apuntarse é o día 30 de setembro.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeOral Group