PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Italia e Francia acollen exposicións sobre o Camiño

fai 12 anos

Fidenza, en Italia, e Parthenay, en Francia, acollen dende esta fin de semana sendas exposicións sobre o Camiño de Santiago promovidas polo Xacobeo.

Cartel da mostra "Roma-Santiago, Santiago-Roma"

A cidade italiana de Fidenza conta desde hai uns días cunha mostra que se pode visitar na igrexa de San Giorgio Martire baixo o título Roma-Santiago, Santiago-Roma. Itinerarios, signos e memoria da Europa das peregrinacións.  

A cidade de Fidenza é unha das máis importantes da vía Francigena e das vías de peregrinación italianas e acolle esta exposición comisariada por Paolo Caucci von Saucken, o director do Centro Italiano di Studi Compostellani e rector da asociación xacobea italiana.

A mostra conta con máis de cen paneis con imaxes dos principais fitos, paisaxes e monumentos da vía de peregrinación que une Santiago e Roma, atravesando o Camiño Francés en España, a vía Tolosana en Francia e a vía Francigena en Italia.

Hai uns meses o Centro Italiano di Studi Compostellani conseguiu expoñer a mostra no Monte Sant Angelo, centro de peregrinación moi frecuentado en Italia e onde foi visitada por preto dun millón de persoas.

Exposición en Francia

En Francia, concretamente en Parthenay, pode verse a mostra Memoria de Peregrinación. A vila francesa, que figura citada no Códice Calixtino como lugar de orixe de Aymerid Picaud, o presunto autor do libro V ou guía do peregrino, cumple mil anos de historia e celébrao lembrando a súa conexión co Camiño de Santiago con esta mostra de calado europeo e mais coa celebración da reunión anual das asociacións francesas de Amigos do Camiño de Santiago. Francia, con preto de 50 asociacións e con España o país con maior desenvolvemento de estruturas e organizacións xacobeas

A mostra audiovisual chegará a Galicia o 23 de outubro promovida e comisariada pola Secretaría Xeral para o Turismo. Instalarase a partir do día 23 de outubro nas dependencias do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

 

 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels