PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago promocionará a cidade en París

fai 11 anos

Turismo de Santiago promocionará a cidade en París o vindeiro 2 de outubro nunha xornada na que participarán 50 empresas do sector de congresos e viaxes de incentivos. 

Vista da cidade de París

O evento está organizado polo Spain Convention Bureau, do cal forma parte Turismo de Santiago. A presentación terá lugar no Instituto Cervantes, onde as cidades participantes poderán amosar as súas características aos profesionais do sector.

Turismo de Santiago aproveitará esta xornada para facer tamén un “Porta a porta” con diferentes axencias de viaxes e touroperadores do mercado francés especializados en turismo cultural. Deste xeito farase unha dobre promoción da cidade, por unha banda cara o mercado concreto do sector congresual e dos viaxes de incentivos, e por outra banda cara ao público xeral, facendo fincapé no atractivo cultural e gastronómico da cidade.

O mercado francés foi o cuarto mercado internacional en número de pernoctacións no ano 2011 en Santiago, con 27.977, polo que é un mercado relevante para a cidade. O mercado francés ten un nivel baixo de gasto por turista, segundo os datos da “Encuesta de Gasto Turístico”, elaborada por Egatur. O gasto en España por turista é de 547 euros, cando a media do turista internacional é de 950.

Con esta acción, Turismo de Santiago continúa a súa estratexia de promoción consistente en focalizar os seus esforzos nos principais mercados europeos: Alemaña, Italia, Francia e Reino Unido. Estes serán tamén os mercados principais nos que Turismo de Santiago centrará a súa promoción no ano 2013.

Promovión noutros mercados

Respecto ao mercado alemán, o máis importante para a cidade en número de pernoctacións, as principais accións da entidade compostelá foron a presencia en marzo na ITB de Berlín, a principal feira turística do mercado alemán; no IMEX de Frankfurt en maio para a promoción da cidade como destino de congresos e viaxes de incentivos; a organización dunhas xornadas técnicas con axencias de viaxes en Berlín tamén en maio; e na Semana Española de Frankfurt en agosto.

Respecto a Italia, segundo mercado con máis pernoctacións, as principais accións foron a presenza en febreiro na BIT de Milán, a principal feira do mercado italiano; a presentación en Parma do Programa Certo para a promoción conxunta do Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olav; a organización dun presstrip de xornalistas venecianos en maio en colaboración coa Asociación Hostelería Compostela e Volotea para promocionar a nova conexión aérea entre Santiago e Venecia; e a presenza en Pisa tamén en maio no Congreso Cattedrali europee. Conservazione programmata sobre procesos de rehabilitación nas catedrais europeas.

Respecto ao Reino Unido, Turismo de Santiago participou en xuño na City Fair de Londres, onde estaban touroperadores e as axencias de viaxes máis importantes deste mercado. Ademais estará presente en novembro no World Travel Market, a maior feira turística para o mercado británico. Tamén colaborou en múltiples presstrips e famtrips de Alemaña, Italia, Reino Unido, Portugal e Francia.

O número de pernoctacións internacionais entre xaneiro e agosto alcanzou o seu maior número en Santiago dende que o INE recolle estas estadísticas para a cidade. Houbo 280.387, un 9,33 % máis que nos oito primeiros meses do 2011.  

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar