Inaugurado o II Festival Peregrinos Musicais
fai 11 anos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do II Festival Peregrinos Musicais, que se celebra en Santiago ata o venres.
Tras o éxito alcanzado na pasada edición, Santiago repite o II Festival Internacional Peregrinos Musicais, que pretende presentar ao público futuras promesas que hai en Galicia e Rusia, e que están a piques de emprender a súa particular peregrinación musical para converterse en grandes intérpretes no futuro.
Así, este ano participan os novos músicos da Fundación Mstislav Rostropovich, encabezados por Olga Rostropovich, filla do mundialmente recoñecido cellista ruso, con motivo da celebración do 85º aniversario do seu nacemento.
O evento xorde da cooperación entre as Fundacións Benéficas Internacionais de Mstislav Rostropovich e de Vladimir Spivakov, e a Real Filharmonía de Galicia, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.
A intención do Festival Internacional Peregrinos Musicais é converterse en vínculo entre as culturas dos países participantes e servirá a novos talentos como un faro para futuros logros.
Programación
Martes, 25 setembro. 20.30 h
Museo de Arte Contemporáneo "MACUF"
Avenida de Arteixo 171, A Coruña
Entrada libre
Mércores, 26 setembro. 20.30 h
Jovenes Virtuosos de Moscú
Capela dos Reis Católicos - Praza do Obradoiro 1
Conferencia con Olga Rostropovich
Xoves, 27 setembro. 20.30 h
Homenaxe a Mstislav Rostropovich
Catedral de Santiago de Compostela
Entrada libre
Venres, 28 setembro. 21.00 h
Xóvenes talentos con Real Filharmonia de Galicia (Director Maximino Zumalave)
Auditorio de Galicia - Avda. Burgo das Nacións s/n
Entrega dos galardóns especiais
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)