PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago tenta abrirse ao mercado ruso

fai 11 anos

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu hoxe ao embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin, co que falou sobre o incremento do turismo ruso á cidade.

O alcalde recibiu ao embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin

O goberno local considera de gran importancia o mercado ruso, polo gran volume de poboación, polo seu alto potencial de crecemento turístico e pola capacidade adquisitiva. O gasto por persoa deste colectivo é moi superior á media internacional, de aí o interese.

Para iso Turismo de Santiago participa nunhas xornadas organizadas por Turespaña que se celebran desde hoxe e ata o 28 de setembro nas dúas principais cidades do mercado ruso, Moscova e San Petesburgo. Nestas xornadas haberá presentacións de diferentes cidades españolas, entre elas Santiago, e reunións con touroperadores e axencias de viaxes.

Segundo os datos de crecemento do mercado ruso nos últimos anos, as previsións para os vindeiros e o gasto destes turistas –considerablemente superior á media–, Turismo de Santiago plantéxase coma un dos obxectivos conseguir que a cidade entre nos circuítos dos turistas rusos que visitan España xa que, contra a opinión xeneralizada, estes turistas non só demandan sol e praia senón que cada vez é maior o número dos que buscan cultura e gastronomía.

Unha boa mostra do crecemento do turismo ruso en España e do seu potencial para Santiago é o aumento de peregrinos rusos que se está vivindo nos últimos anos. As cifras absolutas non son aínda moi relevantes, pero o crecemento porcentual indica que hai un potencial moi forte neste mercado. Por exemplo, a 31 de agosto houbo xa un 44 % de peregrinos rusos máis que no conxunto do ano pasado e un 278 % máis que en todo o 2009, segundo os datos da Oficina de Acollida do Peregrino.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeRestaurante O Dezaseis