PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O xerente do Xacobeo participou no peche do proxecto I-Speed

fai 12 anos

O Hostal dos Reis Católicos acolleu a conferencia internacional que pechou o proxecto I-Speed, un traballo conxunto dun partenariado de dez socios procedentes de nove países europeos sobre as Políticas da Sociedade da Información para un Desenvolvemento Sostible Europeo.

José Paz participou no I-Speed

O proxecto, no que Galicia participa a través da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, xunto con socios de Italia, Noruega, Polonia, Bulgaria, Creta, Gran Bretaña, Romanía e Francia comezou en 2010.

O obxectivo do I-Speed é mellorar a efectividade das súas políticas e instrumentos para responder ao crecemento global da competencia a través dun uso eficiente dos servizos públicos baseados nas Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación para fomentar a competitividade e a sostibilidade da Economía do Turismo.

Froito deste traballo realizado polos dez socios do proxecto, xurdiu unha guía de boas prácticas, un informe de transferibilidade e outro de recomendacións políticas. Segundo explicou o xerente do Xacobeo, José Paz Gestoso, os tres estarán dispoñibles na web do proxecto (www.ispeed.eu).

Comparte Galicia

José Paz destacou a posta en marcha da ferramenta Comparte Galicia, que a Xunta de Galicia transferiu do socio polaco do proxecto. Galicia seleccionou a experiencia Only Warsaw, de Varsovia, de modo que se estudou a posibilidade de implantar na web turística de Galicia unha plataforma na que os usuarios turísticos poidan enviar vídeos que permite que os propios turistas aporten a súa visión do territorio.

Powys Connected é outra das experiencias estudadas por Galicia, porque se basea na análise das necesidades tecnolóxicas das Pemes e ofrece una liña de axudas para a implantación de TICs e unha web específica para a comunicación directa coa administración turística.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeCamping As Cancelas